www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

A Compañía Bicodobrelo achega ao multiusos a Comedia Bífida
Cultura • 15/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

As persoas interesadas en asistir á representación teatral que terá lugar o venres 20 de novembro ás 20:00 poden retirar ás súas invitacións no Servizo de Normalización Lingüística no segundo andar do Multiusos da Xunqueira ou facer as reservas no teléfono 986 402842


A Concellaría de Normalización Lingüística achega a Redondela a representación teatral da Comedia Bífida, unha obra de Manuel Núñez Singala que dende hai mesees está sendo representada pola compañía Bicodobrelo teatro.


O venres día 20 terá lugar en Redondela unha única representación


A intención da Concellaría de Normalización Lingüística é achegar a toda a veciñanza un "traballo de calidade, en galego, cunha atrevida e transgresora presentación escénica, que reflexiona e afonda sobre os usos da nosa lingua, os prexuízos, o descoñecemento e os pros e os contras de falar a lingua propia, parte fundamental da nosa cultura, ameazada nestes tempos polo mundo globalizado en que vivimos".


Estes ingredientes están aderezados con boas doses de humor, ironía e retranca galega.


Todas as persoas interesadas en asistir á representación poderán retirar as súas invitacións no Multiusos da Xunqueira, ou facer as reservas no teléfono 986 402842 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.


Argumento


A obra achégano a unha curiosa versión do Xuízo Final. Con san Pedro como xuíz supremo. Os mortos desta obra de teatro son xulgados pola súa actitude a prol ou en contra do uso da lingua propia. Xa que os mortos son maiormente galegos, vai resultar que a lingua en tea de xuízo é o galego, ese rexistro idiomático posto en cuestión no país do que é orixinario e o seu sinal de identidade. Un arcanxo defensor e un demo fiscal darán o contrapunto argumental á hora de sopesar as razóns que levan a un galego ou galega a non querer falar a súa lingua con normalidade.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: