www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

O PP afirma que o goberno local despreza as súas solicitudes
Institucional • 17/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Denuncian que o concello fai caso omiso das súas petición e rogos formulados e critican o desinterese do goberno ante o mal estado do mobiliario urbano e de diferentes vías de comunicación nas zonas rurais

 


O Partido Popular de Redondela denuncia a falla de interese que o goberno local pon en todas e cada unha das cuestións que os concelleiros populares veñen formulando nos últimos meses, "xa sexan rogos nos plenos ou solicitudes presentadas no rexistro". Aseguran que non hai resposta aos temas plantexados polos populares e poñen como exemplo que no último pleno ordinario preguntáronse ao alcalde o motivo de que non contestara ás súas peticións, recibindo como única resposta de Xaime Rei que "non ten obriga de contestar aos rogos formulado.Critican ademais o desprezo que mostran algúns concelleiro como o edil de Vías e Obras, Manuel Iglesias, quen cualificou as peticións dos populares como "cousas insignificantes ou rabuñadas".


Por todo o municipio, e en especial polas zonas máis rurais, existen innumerables e pequenas incidencias en diversos camiños, como o da Louriña, o do Cuco, o do Mouriño, o Transversal ou Camiño da Pomba; así como tamén unha mala conservación do mobiliario urbano en xeral que non están a ser solucionados.


Comparecencia


Dende o PP lembran tamén que hai meses solicitaron a comparecencia do concelleiro de Víos e Obras, Manuel Iglesias no concello Parroquial de Chapela para que dese conta dunha serie de desperfectos e incidencias. Un Consello que debería celebrarse o pasado mes de setembro e que a día de hoxe aínda non se convocou.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: