www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

Obradoiro de erótica feminina en Soutomaior
Cultura • 17/11/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Profesionais do centro Quérote impartirá este obradoiro que ten por obxectivo contribuír ao coñecemos da sexualidade feminina. Impartirase o xoves ás 17:30 horas no Multiusos de Arcade

 


O Concello de Soutomaior organiza dentro das actividades organizadas no programa "O Punto" de Información e asesoramento afectivo-sexual, un obradoiro de erótica feminina, que estará impartido por profesionais do Centro Quérote. Realizarase o vindeiro xoves día 19 de Novembro , as 17:30 horas no Centro Multiusos de Arcade.


O Obradoiro ten coma principais obxectivos crear un espacio de conversa e reflexión sobre a sexualidade e a erótica feminina, contribuír ao coñecemento da sexualidade do xeito máis pracenteiro e satisfactorio e explorar os distintos canles sensitivos e as potencialidades da erótica feminina.


O obradoiro é de caracter gratuíto e aínda conta con prazas dispoñibles. Para máis información  CIM 986701227


Concurso de carteis


Por outra banda, tamén o xoves remata o prazo de presentación de traballos para participar no IV concurso de carteis que convoca o CIM con motivo do " Día internacional da non violencia contra as mulleres ".


Poden participar no mesmo os alumnos de 3º e 4º da ESO dos centros educativos de educación secundaria de Soutomaior: o Padín Truiteiro (Arcade) e o Santiago Apóstol. Os participantes optarán a tres premios consistentes nun MP4. Os carteis exporanse posteriormente no Multiusos de Arcade.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: