www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Xaneiro de 2020

O filósofo Domingos Antón analiza na Casa da Torre a participación veciñal
Cultura • 1/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

 Antón chega a Redondela dentro das Conversas que organiza a Asociación Cultural Alén Nós. A cita, aberta a todo o público, este xoves na Casa da Torre ás 20:00 horas

 


"Vizinhos com voz: arquitetar aldeias, arquitetar cidades, compor democracia" ese é o título da charla que este xoves impartirá en Redondela o catedrático de filosofía, profesor e columnista Domingos Antón.


A actividade, organizada dentro das Conversas da Asociación Cultural Alén Nós, desenvolverase ás 20:00 horas na Casa da Torre e na mesma abordaranse diferentes cuestións como as repercusións do urbanismo desaforado no rural, os efectos das grandes infraestruturas ou a fallida participación cidadá en democracias como a nosa.


Como filósofo, Antón adianta que o seu papel máis destacado na charla será o de provocar e por sobre a mesa temas para que se vaian debullando máis polo miúdo no coloquio posterior entre os asistentes

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: