www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 16 de Outubro de 2019

Exposición de fotografías antigas en O Viso
Cultura • 11/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Sociedade de Agricultores mostrará durante dous fins de semana as imaxes cedidas polos veciños da parroquia a través das cales se fai un percorrido polas costumes, oficios, momentos de ocio e evolución da paisaxe na zona


A asociación cultural Santa María do Viso inaugura esta fin de semana unha exposición de fotografías antigas cedidas polos veciños. O colectivo veciñal estivo recompilando estas imaxes durante todo o ano co obxectivo de poñelo en valor e difundilo entre os veciños.


A exposición levou aos integrantes da asociación a percorrer os domicilios da parroquia quen cederon instantáneas con temáticas diversas como retratos, fotos de grupos, imaxes panorámicas de O Viso ou mesmo algunhas que retratan os traballos tradicionais como o marisqueo ou as labores de campo.


A exposición inaugúrase mañá sábado ás 17:00 horas na Sociedade de agricultores de o Viso e as oito procederase á entrega dos premios do concurso "O viso, terra de meigas".


A mostra permanecerá aberta os sábados 12 e 19 pola tarde e os domingos 13 e 20 pola mañá

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: