www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Seis corais do municipio protagonizan a primeira das citas do Nadal Cultural
Cultura • 11/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Ás 21:00 horas de hoxe actúan as agrupacións de Santo Estevo de Negros, a Coral Alvedosa do Centro da 3ª idade e a Coral Frol Nova de Chapela

 


O festival de corais, primeira das citas incluídas dentro da programación do Nadal Cultural, dará comezo hoxe ás 21.00 horas no Multiusos coa actuación das corais de San Esteban de Negros, a Coral Alvedosa do Centro da 3ª Idade de Redondela e a  Coral Frol Nova de Chapela.


O encontro de corais redondelás continuará mañá sábado, a partir das 20.00 horas, coa actuación da Coral O Piñeiral de Chapela, a Coral Santiago Apóstol e a Coral Pedra Branca de Cesantes.


Un certame enmarcado dentro da programación de Nadal deste ano que pon en marcha a Concellería de Cultura e que inclúe como novidade principal o Pequeteatro, un programa de teatro infantil por onde pasarán as compañías Teatro del Andamio, Sarabela Teatro e Caramuxo teatro quen porán en escenas as obras "Pingueiras e tarteiras", "Cósima" e "Os Bolechas". As representacións serán os días 26, 29 e 30 de decembro as seis da tarde no Multiusos da Xunqueira. Deste xeito o departamento que dirixe Eduardo Reguera quere achegar a arte escénica a outros públicos unha vez que os adultos xa teñen os seus espacios coas obras incluídas no Teatrarte e no Teafecciona.


Orientada tamén para o público familiar haberá cine coas proxeccións de dúas películas de animación "up" o día 21 e "Bolt" o 22 de decembro.


Tamén o teatro experimental ten o seu oco no Nadal Cultural será coa obra "Alambradas" a cargo da Compañía de David Fernández Rivera. Unha proposta onde se dan cita a danza, a música, o deseño escenográfico e de iluminación e a palabra. Unha representación o mércores 16 de decembro ás 20:00 horas no Multiusos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: