www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Os cascallos das obras do AVE do Val do Maceiras acaban no peirao do Areal en Vigo
Institucional • 11/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Así o denuncian dende a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón quen alertan de que dende a pasada semana centos de camións de gran tonelaxe cargados con cascallos procedentes dos traballos das tuneladoras do Ave en Trasmañó, están a verter a súa carga directamente ao mar na zona portuaria do Areal en Vigo. Unha actuación que califican de "atentado contra a enseada"


Dende a Plataforma denuncian que as chamadas obras de ampliación do porto do Areal esconden en realidade "a transformación da ría de Vigo nun vertedeiro das obras do tren de alta velocidade" e lembran que verter cascallos no mar non só vulnera o planeamento de ampliación portuaria senón tamén a actual lexislación medioambiental".


A obras que se está a realizar nesta zona da ría persegue a ampliación do peirao do Areal en Vigo e, aínda que unha parte desa ampliación realizarase mediante un sistema de pilotes, máis da metade da actuación responde a un recheo que supera os 25.000 metros cadrados.


A empresa encargada das obras está xa a depositar eses cascallos para formar un dique e verterá dentro o material que drague. Unha actuación que a presidenta da autoridade portuaria Corina Porro defende por ser o método constructivo máis eficaz e por ser "totalmente respectuosa co medio ambiente". Unha opinión que non comparten diferentes colectivos como a Plataforma pola Defensa da ría ou a plataforma en defensa da enseada quen denuncian que se trata "dun recheos máis"


Ademais lembran que o tipo de residuos que se están a verter na ría está clasificado como fino "o máis propicio para que as correntes mariñas o difundan sen límites por todo o leito mariño, afectado directamente aos cultivos, bancos de marisco, pesca e bateas", o que supón un "atentado contra o espacio natural protexido formado pola Enseada de San Simón".

Comentarios
Víctor Manuel
Luns 21 de Decembro de 2009 ás 19:53 horas
para máis información podedes consultar a web da Rede A Ría Non se Vende

arianonsevende.nireblog.com
O Barreiro
Domingo 13 de Decembro de 2009 ás 17:19 horas
Non sei eu quen é o que mira os touros dende a barreira, porque se levantan as beirarúas, e un comercio de Redondela, vende un 30% menos, e no pode pagar o alugueiro do mes, O comerciante vai ter que facer números para pagar as súas débedas pero dende o concello an de ver os touros dende a barreira. Claro, e se estás no paro e o concello inviste todo o plen d epromoción do emprego en enlosetar o que xa estab enlosetado e ti estás no paro, ti seguirás no paro e dende o Concello seguiran vendo o paro dende a barreira (como Xaimeee, xa e xubilou hai tempo). E si o Jaime, Emilio e Pazos, privatizan a recollidad o lixo, e aos veciños nos suben o recibo e nos precarizan o servizo e aos traballadores lles baixan 200 euros do soldo, Os tres soles do Paraguai (do concello) miraran os touros dende a barreira, pero os demáis quedaremos moi amolados. Non crees, desconocido? A barreira vese ben, depende de por donde a mires!
Maitetxu
Domingo 13 de Decembro de 2009 ás 17:11 horas
"Os que miran os touros dende a barreira". Xaime o que quere é precisamente que miremos os touros dende a barreira, e el a dar cornazos!!!!!.
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Domingo 13 de Decembro de 2009 ás 17:05 horas
Amigo desconocido!
Senón críticas é teu problema, podes criticar, ou non, pero senón criticas que me dis a min, o que eu fago, se é, que non fago nada, se é que só critico, se é que ti non eres de ningún partido, que dano te pode facer a ti logo?. Como dis ti "non ten maior lóxica". Ti o que pasa é, que o mellor, eres deses que non critican, por, non vai ser que non te den chollo no Concello, ou unha licencia, ou eu quesei, ao mellor tes medo, ao mellor eres excesibamente prudente, é que? se eu non teño medo nin prudente?. Houbo xente que se apodreceu en San Simón por ter a liberdade de decir o que pensa.

Claro que penso que existen outras fórmulas. Podense facer moitas cousas sen pasar polo circo electoral, sen ter que ocupar unha cadeira no concello, esas son as que me interesan a min. E son infinitas, o que pasa que ti nin as inmaxinas, só entendes que existe un único sistema de facer as cousas, por eso críticas, que eu cuestione e o teu sistema.

Que é o que se fai dende o Concello? Ninguén diría que o ordenamento Urbanístico en Redondela (ou noutros sitios) depende ou o resolve un concello. Ninguén diria que enterrar lixo na marisma, é cousa do Concello, Niguén diría que un concello é incapaz de xestionar directamente os servizos que lle son propios. Ninguén diría que é o concello de Redondela quen permite que a depuradora verta á ría, ninguén diría que un concello permitira que unha industria contaminante perxudicara a calidade de vida dos seus veciños (máis en Redondela pasa acotío), etc. etc. e para eso se presentan os políticos a unhas eleccions? para eso é o que pensas ti, pero se presentan para encher os petos, deles, dos seus amigos, e familiares, e comitibas que lles andan arredor.

Repitoche que eres o votante, ou candidato ideal para calquer partido, de dereitas, ou de esquerdas, centro, nacionalista e independentista. Buscan xente que non critica, e que se calan as súas criticas, e que os defenden, incondicionalmente e sen argumento.
arturo
Sábado 12 de Decembro de 2009 ás 15:52 horas
Non se trata de que se presente Víctor, pódese presentar el coma calquera. O cerne do debate é que os que están non valen, ningún dos 21. Ese é o cerne, e a preocupación conseguinte é que saíndo do Concello, noutras institucións hai moi poucos que valen, e cada vez menos, porque os que valen de verdade vanse; fartos, impotentes, apartados,... Que os aparatos dos partidos no queren xente que pense por sí mesma. De que vale ter 21 concelleiros, se deses 18 votan o que lle dín tres? Non aforrariamos tendo solo tres?
E así extrapolalo á Xunta, ao Congreso, ao Senado, a Europa,... Está claro que este sistema non vale.
Recoméndoche a lectura do "Ensayo sobre la lucidez" de Saramago; saca tí as conclusions.
Para Victor 2
Sábado 12 de Decembro de 2009 ás 15:08 horas
O problema e que eu non critico..e repito..se tanto criticas preséntate e xa está..non ten maior lóxica!!!eu non os critiquei porque estou de acordo en moitas cousas..noutras no evidentemente..pero ti estás en contra de todo..e se os criticas seguro q tes outras fórmulas para facer algo positivo asique preséntate e deixa de criticar..\"los toros se miran muy bonitos desde la barrera\"!!!
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Sábado 12 de Decembro de 2009 ás 02:25 horas
Amigo descoñecido, os que se presentan as eleccións non o fan por servir ao pobo, senon para enriquecerse. Teñen máis cara que espalda e poucos escrúpulos. O sistema é perverso e inxusto. Como vas a loitar ti nunhas eleccións contra uns moinantes que se financian campañas electorais cos cartos de todos? Presentate ti que tes tablas
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Sábado 12 de Decembro de 2009 ás 02:21 horas
Je, je, je. pero que risa me das. Así que os que se presentan as eleccións son "os que demostran saber facer algo". Quenes? eses que non se sabe a que se adicaban antes de adicarse a chupar do concello? Eses que saben facer . . . . son os mesmos que privatizan os servizos, porque son incapaces de xestionalos directamente? Eso sabe facelo calquera, non hai que ser un lumbrera. Ti non me coñeces, me distingues, me coñeces pola cara, . . . se me coñeceras, saberías que para non presentarme a unhas eleccións, son uns dos pouc@s veciñ@s que temos conseguido máis electoralmente que moitos partidos políticos dos que ti admiras e con bastantes menos recursos. Eu estou entre os veciños que conseguimos que EU-IU de Redondela obtivera por primeira vez no Concello de Redondela representación na coorporación (un concelleiro), estou entre os privilexiados veciños que conseguimos que EU-IU perdera ese mesmo concelleiro (por incumprimento do contrato). Son dos contados veciños que conseguimos organziar o voto crítico en Redondela a través do voto nulo (1544 votos ou o 9´66%), partindo de cero, e con excasos recursos. Non como eses lumbreras que ti tanto admiras que fan campañas electorais gastando millóns en propaganda, e ca axuda de bastantes estomagos agradecidos que lle fan o chollo.

Pero por outra parte eses idolos teus que tan ben o fan, perderon, comparando os resultados electorais das municipais do 2.003 cas do 2.007, O PSOE 1.500, o BNG 500, o PP 500 EU-IU 400, e por riba o PG cun candidato acusado de acoso laboral mellorou o resultado en 80 votos. Por outra banda, a abstención, o voto en branco e o voto nulo, sumamos o 60% do electoraro, nas eleccións do 2.007.

Vamos que a nosa actitude crítica cos políticos, está en alza, e políticos coma Jaime Rey, Emilio, Paqui, e outros non se van porque queiran, que están moi ben colocados na poltrona, senón porque non teñen que facer, esán caducosXaimiño máis que ningún, e se non se van polos votos que están a perder, anse ir polas inavilitacións dos xulgados.
Para Victor
Venres 11 de Decembro de 2009 ás 20:37 horas
preséntate as eleccións!!tan listiño que eres,tan ben coma criticas,tanpreocupado que estás..preséntate as eleccións..e haber se consegues algo...pero visto as últimas aglomeracións nos teus magostos etc etc..mellor queda na casiña..porque todos sabemos criticar pero...quen sabe facer??demóstra que sabes facer algo e preséntate!!!xa mirarás como calas!!eu non pertenzoa ningún partido politico pero...creo q de lamecus ti sabes bastante...
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Venres 11 de Decembro de 2009 ás 17:38 horas
Seguen a practicar unha política destructiva do noso entorno, pensando que van facernos crer que o progreso é destruir, as fontes e recursos propios da nosa economía, se nos cargamos a ría, da que en optimas condicións, se obteñen os mellores recursos naturais, e nosos, o que facemos e depender cada vez máis do exterior. Estan a cargarse para sempre o posto de traballo de moitas persoas, por un traballo temporal de camioneiro e palista de recheo. O custe das obras de recheo ten un prezo, unha insinificancia co valor dos recursos que sepultan, inutilizan e desparecen PARA SEMPRE. Ainda por RIBA ESTES DEMOCRÁTAS DO CONCELLO, DA AREA METROPOLITANA DA XUNTA, E DA AUTORIDADE PROTUARIA, FAN TODO ISTO, SEN UN PLAN DE USOS DO PORTO, SEN AVALIACIÓNS AMBIENTAIS E SALTANDOSE A LEI. LOGO VIRÁN AS ELECCIÓNS E PEDIRANNOS O VOTO PARA COLOCARSE ELES EN EUROPA. QUE EUROPA NIN QUE CARALLO PERO SE NON ESTAMOS NIN NO TERCEIRO MUNDO SENON NO INFERNO.

Non hai que deixar que ningún cidadán extravie ou malgaste o seu voto votando e estes maleantes. VOTEMOS NULO. NON MERECEN SENÓN O CÁRCERE!!!!!!

Agora que opine algún lamecus de Xuventudes Sociolistas

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: