www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Unha nova vitoria afianza ao Chapela como líder de Primeira Nacional
Deporte • 14/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Sar acada un empate na súa visita ao campo do Xixón e o Canario Cathering vence pola mínima nun encontro disputado en Chapela ante o Lalín

 


O Canario cathering continúa lider en primeira nacional logo dunha vitoria pola mínima (31-30) no partido disputado o sábado en Chapela ante o Lalín.


Un gol de Cuadrado no último minuto botou por terra o traballo realizado polos lalinenses, quen durante boa parte do encontro tiveron contra as cordas aos de Chapela. Despois dun inicio de partido moi forte por parte dos locais, o xogo dos lalinenses foi mellorando ata irse ao descanso cun marcador a favor de 14-16.


O chapela deulle a volta a esta situación logo do paso por vestiarios aínda que o encontro non quedaría resolto ata os últimos minutos de partido cando un último tanto lles outorgou a vitoria o que lles permite seguir como líder e cunha renda de tres puntos sobre os seus inmediatos perseguidores, O Atlético Novas.


Na próxima xornada o lider defenderá ese primeiro posto nun encontro en Chapela, campo no que recibirá ao Porriño


Peguform Sar


A Sar esta fin de semana lograba un punto no seu desprazamento a terras asturianas. Os homes do Peguform xogaron contra o Xixón un encontro que finalizou co resultado de empate a 27 tantos. O seu próximo partido obrígaos a desprazarse ata Lalín, partido de máxima rivalidade xa que ambos os dous equipos atópanse nos postos medios da táboa

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: