www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 16 de Outubro de 2019

A psicodelia acompaña á poesía na obra "Alambradas"
Cultura • 14/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A Compañía de David Fernández Rivera presenta este mércores ás 20:00 horas en Redondela o seu espectáculo "Alambradas". Un espectáculo teatral onde a poesía se sube ao escenario acompañada da danza, a música , o deseño escenográfico e a iluminación.

 


O propio David Fernández Rivera afirma que se trata dun espectáculo multidisciplinar que persegue entre outros obxectivos, achega a poesía a públicos que non a coñecen, xa que como poeta asegura que un dos grandes hándicaps desta proposta literaria é o feito de que moitas veces a poesía queda reducida ao propio ámbito dos poetas, sen chegar á totalidade da poboación.


A obra poderase ver este mércores no multiusos da xunqueira con entrada de balde, dentro da programación do Nadal cultural da Concellería de Cultura.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: