www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

A Banda Infantil do Conservatorio preséntase en sociedade
Cultura • 17/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A orquestra infantil, formada por 55 nenos de idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, ofrecerá o seu primeiro concerto este venres dentro do festival de nadal do Conservatorio Víctor Ureña


Segundo explicou a directora do centro, Elisa Arias, os rapaces interpretarán obras coñecidas e de grandes intérpretes aínda que adaptadas en dificultade á idade dos intérpretes. Para facer posible este concerto do venres os nenos están a ensaiar de xeito intensivo durante os últimos quince días, algo para o que é imprescindible contar con apoio dos pais e nais.


O futuro desta "pequena" banda dependerá dos apoios institucionais que reciba, pero Elisa Arias apuntaba que xa foron convidados a actuar en Holanda dentro do festival infantil que se realiza no país dos muíños de vento.


A presentación en sociedade da agrupación será no Multiusos da Xunqueira dentro do Festival de Nadal do Conservatorio o venres ás 20:30 horas.


Un concerto no que tamén se subirán aos escenario o Coro de Pais e Nais e a Banda de adultos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: