www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 9 de Decembro de 2019

Lucia Molares clausura o Obradoiro de Emprego de Pousadouro
Institucional • 23/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A delegada territorial da Xunta en Vigo asistirá ás once da mañá á clausura dos cursos de  albanelería, carpintería e traballo forestal que se impartiron ao longo do ano en Pousadouro e que formaron a un total de 25 alumnos, maioritariamente mulleres.  


As once da mañá a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, asiste a clausura do Obradoiro de Emprego 'Maceiras' no pazo de Pousadouro. Ao longo do ano foron 25 os alumnos que recibiron cursos de cursos de albanelería, carpintería e traballo forestal co obxectivo de lograr a súa inserción laboral


En total 21 mulleres e catro homes que remataron así a súa formación tanto teórica como práctica e que a partires de agora deberán retomar a busca activa de emprego. Trátase maioritariamente de mulleres de idades comprendidas entre os 40 e os 45 anos procedentes do sector téxtil que tentarán agora acceder a sectores laborais tradicionalmente masculinos


Dende a direccións do obradoiro xa se puxeron en contacto con diferentes empresas da comarca co obxectivo de que coñezan a formación coa que contan estes traballadores, a súa cualificación e as vantaxes que ofrecen logo de ter recibido un total de 1.920 horas de capacitación técnica e profesional nas especialidades mencionadas ademais de formación en prevención de riscos laborais, medio ambiente, informática e igualdade de xénero.


A escola Maceiras prevé continuar con novos obradoiros no futuro.  

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: