www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Reguera afirma que se informou correctamente dos cambios no tráfico en Ernestina Otero
Institucional • 23/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

O responsable de tráfico afirma que se sinalaron os cortes e se habilitaron vías alternativas para facilitar o tráfico rodado. Contesta así ás críticas emitidas dende o PP quen acusaron ao edil Eduardo Reguera de dar "continuas mostras de improvisación" ao fronte da concellería

 


O concelleiro Eduardo Reguera quixo saír ao paso das críticas emitidas dende as filas populares, quen a raíz dos problemas de tráfico que se viviron no centro urbano o pasado venres por mor do asfaltado da rúa Ernestina Otero, acusaran ao edil de "improvisar" e de non informar dos cortes nas rúas nin dos itinerarios alternativos o que provocou "un auténtico caos na vila".


Unha afirmación que Reguera nega rotundamente "xa que se lle comunicou á prensa tanto os cortes como a prohibición de circular polo centro a vehículos pesados e autobuses" e se sinalaron correctamente as vías alternativas "coa modificación do sentido da marcha tanto na Subida á estación como no Paseo da Xunqueira".


O edil agradeceu ademais a paciencia dos veciños, quen soportaron "as incomodidades que as obras desta envergadura provocan" e engadiu que os cidadáns están satisfeitos co resultado das humanizacións, en referencia aos traballos recentemente rematados nas rúas Pai Crespo e José Regojo

Comentarios
Camilo
Xoves 24 de Decembro de 2009 ás 02:33 horas
No tocante ao transporte interurbán, denunciar que existiu bastante desinformación por parte do Concello e sobre todo, da empresa concesionaria da liña, Redondela-Vigo, Vigo-Pontevedra. O pasado mércores, 16 de decembro, pretendín coller o autobús que segundo o horario normal de autobuses, sae de Redondela, ás 08:25 hs. . a esa hora estaba eu e varios usuarios habituais de Autos González, na parada de subida á Casa Cuartel, sen que pasara a esta hora, pola citada parada, o citado autobús. O Sr. Reguera dirá que avisou aos xornais, si, pero o anuncio do corte do mércores, saiu o mesmo día no xornal, e quen merca o xornal? e quen o merca antes das 08:25 hs.? Non é a primeira vez que se corta a Ernestina Otero, non é a primeira vez que autos González despraza a súa parada en Redondela á subida á Estación, pero as cousas avisanse mal, incluso se da por avisado colocando nunha marquesina empapelada un folio, facilmente arrancable por calquera. As paradas e marquesinas deberan estar máis limpas, deberan ter exposto os itinerarios e horarios de tódolos autocares que paran alí, debera advertirse en que horario, data e lugar se cambia de parada, ás paradas deberan incluir información real das saidas dos autocares. As persoas que subimos ás 08:25 non imos de compras ao Corte Inglés senón a aetsudiar e traballar, e temos que cumprir cun horario. A pesar das queixas, hacia a emrpesa aquí parece que ninguén vai tomar medidas. Parece que en Autos González non hai xefes intermedios, responsables, non valoran as consecuencias de incumprir os horarios. Despois queremos que os cidadáns collamos o autobús!
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: