www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

As novas tarifas da auga incrementarán a factura do 65% dos redondeláns
Institucional • 29/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A modificación foi aprobada no último pleno ordinario do ano celebrado ás nove da mañá de hoxe e contou cos votos en contra dos concelleiros do PP e Partido Galeguista, quen argumentaron o seu voto alegando que se trata dunha suba encuberta do 23%. Dende o goberno local defendeuse a modificación porque "prima o aforro e grava os grandes consumos"

 


O goberno local cos votos a favor dos concelleiros de PSOE e BNG, sacou adiante na mañá de hoxe unha modificación nas taxas que cobra a empresa Aqualia polo consumo da auga. Unha modificación que entrará en vigor no vindeiro ano e que implicará cambios importantes á hora de facturar o consumo.


Así, mentres dende a oposición tanto o partido galeguista como o PP argumentaron a súa negativa a estar reforma alegando que se trata "dunha suba no consumo de entre o 20 e o 23%", os partidos que forman parte do goberno defenderon a medida por entender que coa mesma se vai a un consumo máis sostible, "xa que os que menos consumen verán como os seus recibos diminúen mentres que se gravan a aqueles usuarios con grandes consumos".


Ao longo do debate a voceira do PP, Francisca Canal solicitou que se deixase o punto sobre a mesa alegando que o seu grupo carecera do informe de intervención ata tan só uns minutos antes de que dera comezo a sesión e facendo fincapé "en que o incremento era excesivo para un servizo básico e nunha situación de crise como a actual".


Unhas afirmacións que foron rexeitadas rotundamente por parte do PSOE. O concelleiro de asuntos económicos Emilio González Iglesias aseguraba que a modificación proposta suporá "unha rebaixa real do 4% para o 35% da poboación, mentres que o 31% dos veciños do concello incrementarán a súa factura nun 10%". Engadiu que serán o 34% restantes dos usuarios, ao que González Iglesias denomina "grandes consumidores", os que máis se verán afectados e prexudicados pola suba aprobada na mañá de hoxe


Cos mesmos argumentos se posicionaba o nacionalista Carlos Pazos quen insistiu en que "o tratamento das augas fecais é caro" e que a medida que se mellora dito tratamento o custe elévase motivo polo que se fai necesario incrementar as tarifas para "manter o equilibrio financeiro coa empresa concesionaria".


Explicaba ademais que non é lóxico continuar coas tarifas actuais "dado que se está a cobrar aos usuarios por auga que non consumen".


Finlamente e a pesar da petición do PP para que o punto quedase sobre a mesa, os votos a favor dos concelleiros do goberno permitían aprobar as novas tarifas.

Comentarios
Víctor Manuel
Martes 29 de Decembro de 2009 ás 15:37 horas
É de escandalo o talante democrático deste governo municipal do Concello de Redondela (PSOE/BNG). Levan máis de 8 anos sen convocar a Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados, non consultan de ningunha maneira a esta comisión previa a adxudicación, readxudicación suba de tasas, etc de ningún dos servizos que os grupos de goberno, unilateralmente, privatizan. POr riba entregan a documentación pertinente, á oposición a menos de 12 horas, dun pleno no que pretenden aprobar un asunto deste calado. O goberno municipal alude a obriga de garantir o equilibrio financieiro das agraciadas empresas adxudicatarias explotadoras dos servizos e recursos públicos, de ningunha maneira o goberno municipal que di velar polos noso intereses, se obriga a garantir o equilibrio financieiro d@s veciñ@s, usuari@s, e traballador@s dos servizos municipais. Menudos socialistas! Menuda xente de esquerdas! así non é extrano que non celebren a caida de calquer muro.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: