www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Remata o ano sen que se coñeza quen será o substituto de Canal ao fronte do PP
Sociedade • 31/12/2009
Autor: M. X. Queimaliños

Aínda que o mellor posicionado para dirixir o grupo en Redondela sería o actual número dous, Alberto Pazos, o PP está a sondar a simpatizantes do partido que non forman parte do grupo municipal


A pesar de que diferentes fontes do partido apuntaban a que antes de despedir o ano se coñecería o nome do novo presidente do PP local e en consecuencia do vindeiro candidato deste partido á alcaldía de Redondela, finalmente teremos que esperar ao 2010 para desvelar a incógnita.


Aínda que Alberto Pazos, actual número dous do grupo municipal, é o mellor posicionado para asumir a presidencia do partido, polo de agora non hai nada en firme. Hai incluso quen aventura que podería ser unha persoa allea á corporación municipal dado que dende algúns sectores do PP provincial se estaría tocando a simpatizantes do PP en Redondela que a día de hoxe non están integrados no grupo.


Unha porta que quedou aberta cando a principios de novembro Francisca Canal presentou a súa dimisión como presidenta do partido e anunciou que non será a candidata dos populares nas eleccións municipais do 2011 por considerar que "é tempo de dar paso aos que veñen detrás para fortalecer á formación". Polo de agora, Canal continuará á fronte do partido ata que non sexa elixido un substituto.


 

Comentarios
aida
Xoves 14 de Xaneiro de 2010 ás 12:52 horas
pois seica din q a cousa está entre silveira e albertito pazos.
Xabier
Sábado 2 de Xaneiro de 2010 ás 21:10 horas
E quen substiuirá a Caros Pazos? Ou é que non pensan substituilo? ou mellor dito, é que non pensa irse? Tanto apego ten ao sillón? Esperemos a que ao BNG, non lle quede un concelleiro , se cadra entón
arturo
Xoves 31 de Decembro de 2009 ás 20:43 horas
Creo que Xaime Rei queda libre, e encaixaría perfectamente no partido (incluso podería levar a algún mais, que tamén encaixaría perfectamente).
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: