www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 14 de Decembro de 2018

Caos circulatorio e feira multitudinaria no día de Reis en Redondela
Sociedade • 7/01/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O tradicional desfile das rondallas e os ranchos de reis obrigaron a pechar ao tráfico o centro da vila o que dificultou a circulación nos accesos a Redondela. Os carteiristas aproveitaron as aglomeracións de xente para facer o seu particular agosto.


Un ano máis o mercado celebrado na mañá de onte converteuse nun dos máis multitudinarios do ano, onde foron moitos os que se achegaron aos postos do campo da feira para concluír as súas compras do Nadal. Unha xornada amenizada pola música e as actuación das rondallas de Santa Eulalia de Mos, San Salvador de Louredo, Beade e o Viso así como os ranchos de reis de Córtella e Moreira.


O desfile polo centro da vila destas agrupacións obrigou a pechar ao tráfico o casco urbano o que complicou aínda máis o tráfico nunha xornada na que son moitos os que se achegan á feira e os comercios aproveitan e abren as súas portas para tentar vender os seus produtos antes do inicio das rebaixas.


Os condutores optaron por estacionar os seus vehículos na beiravía tanto da N-550 como na N552. única opción logo de que o parkins de A Xunqueira colgara o cartel de cheo.


Novamente os produtos do téxtil foron os máis demandados, roupa e calzado que se  vendía a prezos irrisorios , pero tamén productos gastronómicos, plantas ou artigos de quincalla como aneis e colares.


Carteiristas


Unha feira que foi aproveitada polos carteiristas para facer o seu agosto particular. Segundo información local foron moitos os veciños que denunciaron que lles fora sustraída a carteira aproveitando a aglomeración de xente.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: