www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

A hostalería analiza as repercusións do Ano Xacobeo en Redondela
Institucional • 2/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de Empresarios de Redondela reunirase este mércores día 3 co comercio e hostalería da vila para promover estes sectores e prestar especial atención ás posibilidades do concello como punto de paso do Camiño Portugués.

 


A Asociación de Empresarios de Redondela, levará a cabo mañá mércores, na sede da Asociación reunións ca Hostalería e o Comercio de Redondela co fin de levar a cabo actividades de promoción comercial e turística.


A primeira cita será a partir das 17:30 e a ela están convocados os establecementos de hostalería asociados. Nesta reunión farase especial fincapé das oportunidades que para o sector supón a celebración do Ano Santo e de que Redondela sexa a confluencia do Camiño Portugués e do Camiño Portugués pola Costa, polo que se presentarán propostas de promoción e coordinar da oferta hostalería e complementaria.


Do mesmo xeito falarase de actividades de promoción do sector hostaleiro para levar a cabo en momento puntuais do ano como pode ser a festa do choco que terá lugar no mes de maio.


Ás 20:45 horas será a quenda do Comercio quen asistirán á presentación dun cd que publica a Asociación de Empresarios de Redondela, "Xestiona Comercio", un cd que pretende ser nunha ferramenta imprescindible para o sector, deseñada e pensada para o comercio minorista.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: