www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Cursos de formación e actividades do Entroido na OMIX de Soutomaior
Institucional • 3/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Xuventude ten aberto o prazo para inscribirse en obradoiros de batuka, capoeira e cociña de Entroido así como en cursos de formación de auxiliar en xeriatría e técnico en animación sociocultural e tempo libre.


A OMIX de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición para participar nas diferentes actividades que organizan co gallo das celebracións do Entroido. Así, grande e cativo teñen a posibilidade de participar en obradoiros de cociña onde aprenderán receitas económicas, rápidas e saudables elaboradas con ingredientes propios destas datas. Tamén poden participar dun obradoiro de danza brasileira así como da xornada de animación que se vai desenvolver na Casa do Pobo da Montesiña na tarde do propio martes de Entroido o día 16 de febreiro.


Un servizo que organiza tamén cursos de formación orientados a persoas que queren actualizarse no seu traballo ou que buscan novas vías que lles podan servir de cara a inserirse no mundo laboral. A día de hoxe está aberto o prazo para inscribirse nun curso de introducción ao tempo libre e outro de atención á dependencia e auxiliar de xeriatría, ambos os dous de 50 horas de duración


Finalmente hai tamén cursos de batuka e capoeira nos que se combina a música, o ritmo e o exercicio físico.


Para calquera información ou para inscribirse en algunha das actividades tan só hai que achegarse á OMIX no Multiusos de Arcade ou chamar ao teléfono 986 700 822

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: