www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Unha fin de semana nun pazo rural por mercar no comercio local
Institucional • 4/02/2010
Autor: Lorena Otero

O comercio de Redondela sorteará, polo día dos Namorados, unha fin de semana no Pazo Torres Agrelo, de Reboreda, entre todos aqueles que fagan a súas compras na vila. O gañador darase a coñecer o próximo venres 12 de febreiro.


A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha unha campaña de promoción do comercio e hostalería local co gallo do 14 de Febreiro no que se sorteará unha estancia de fin de semana para dúas persoas no Pazo Torres Agrelo, situado na parroquia redondelán de Reboreda. Os premiados serán recollidos no seu domicilio por un coche clásico de luxo que os levará a gozar dunha cea e os trasladará ata o establecemento rural.


Para participar tan só hai que mercar naqueles comercios do concello que formen parte da Asociación de Empresarios de Redondela e se adheriran á campaña especial do 14 de Febreiro. A campaña púxose en marcha na xornada de hoxe e manterase ata o vindeiro 12 de febreiro. A persoa premiada darase a coñecer o próximo venres ás doce horas na sede da Asociación de Empresarios.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: