www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Detido un veciño de Redondela polo roubo dun vehículo na rúa Ernestina Otero
Sucesos • 5/02/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Axentes da Policía Nacional lograron recuperar o turismo na rúa Ramón Nieto de Vigo. O detido J.M.G, de 39 anos de idade, conta con 68 detencións e pasou xa a disposición do xulgado de instrucción número 2 de Redondela


O mozo foi detido na xornada de onte como presunto autor dun delicto de roubo dun vehículo. Os feitos tiveron lugar o 26 de xaneiro pasado cando axentes da Policía nacional localizaron un vehículo Ford Escord detido nun semáforo sen condutor no seu interior. Logo de realizar as xestións pertinentes comprobouse que o turismo fora subtraído pouco antes da rúa Ernestina Otero.


As investigacións permitiron dar coa identidade do autor do roubo, un individuo con sesenta e oito detencións anteriores, a maioría por delictos contra a propiedade, polo que se estableceu un operativo policial que finalizou onte pola mañá coa localización e detención desta persoa, J.M.G. de 39 anos de idade, cando se atopaba en Redondela, localidade na que reside.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: