www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Aprazados os partidos da Sar e o Canario na Coruña pola folga do persoal
Deporte • 5/02/2010
Autor: Ana Prieto

Os dous equipos de Redondela na Primeira Nacional tiñan citas ligueiras no pavillón do OAR Coruña. A Sar correspondíalle xogar mañá sábado, como marca o calendario. O Canario tiña que xogar o domingo o partido que se suspendeu o pasado mes de xaneiro pola folga, pero tampouco esta vez poderá ser. O equipo de Chapela xa anunciou que emitirán unha queixa ao Comité de Competición


BALONMÁN


Complicacións na liga da Primeira Nacional Masculina para os equipos de Redondela ante a imposibilidade de xogar no pavillón do OAR Coruña por mor da folga do seu persoal. A SAR tería que xogar mañá o seu partido de liga no pavillón coruñés, e o encontro queda aprazado. Peor é o caso do Canario, xa que é a segunda vez que se suspende o partido programado na cidade herculina. Os de Chapela tiñan a súa cita ligueira co OAR en xaneiro, e por mor da folga non puideron xogar. De acordo co Comité de Competición o Canario adiantou para hoxe venres o seu partido de liga co Cisne, e así poder xogar o domingo na Coruña, pero tampouco poderá ser. Unha circunstancia que prexudica economicamente ó club redondelán e complica o calendario. O presidente da entidade, Manuel González Soto, xa anunciou que presentará unha queixa diante do Comité de Competición.


Agora, o que queda, é sacar un bo resultado do partido co Cisne, hoxe venres ás 21.00 horas. Trátase dun rival complicado, que xa se impuxo en Chapela en visitas anteriores, polo que piden o apoio da afección para a cita desta noite. 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: