www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Garabatas para conmemorar o Día do Pai
Sociedade • 18/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Baixo o slogan "A garabata poñémola nós, todo o demais atoparalo no Comercio de Redondela" a Asociación de Empresarios de Redondela promove o Día do Pai agasallando a todos os pais que se acheguen á caseta que durante toda a xornada permanecerá nos soportais do Concello


A Asociación de Empresarios colocará na xornada de hoxe un stand nos soportais do Concello no que en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas, se ensinará a todos os que se acheguen realizar os distintos nós de garabata e se agasallará aos pais cunha destas prendas.


A campaña complementase con outras actividades de promoción como o sorteo dunha Wii entre os clientes do comercio de Redondela. Polas compras realizadas os clientes poderán optar a participar neste sorteo depositando as papeletas de participación no stand da Praza da Constitución oa longo de toda a xornada de mañá. O sorteo finalmente está previsto que se celebre as 20 horas no stand da asociación.

Comentarios
machistas
Xoves 18 de Marzo de 2010 ás 18:32 horas
PATÉTICO!!!!
Logo falan do goberno, con esta clase empresarial non me estraña que aínda esteamos en crise.

Metédea a garavata polo nó!!!
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: