www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

Triunfo no balonmán local, logo de vencer Canario e SAR en campo inimigo
Deporte • 22/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Canario xogará a fase de ascenso á División de Honra B logo de asegurarse matematicamente a segunda praza na categoría. Os dous equipos locais disputarán a vindeira fin de semana un apaixonante derbi no pavillón de Chapela

 


O venres o Canario Catering asegurábase o billete para a fase de ascenso á División de Honra B. Os de Chapela vencían ao Calvo Xiria nun encontro que remataba co resultado de 29-33 a favor do Catering.


Unha vitoria que unida á derrota do Lalín lles aseguraba matematicamente o segundo posto da táboa e polo tanto unha praza para tentar ascender de categoría. Unha fin de semana de celebración, porque onte no pavillón de Chapela o Catering recibía ao Base Oviedo e non defraudaba á súa afección conseguindo unha vitoria avultada ao gañar por 31 goles a 21 aos visitantes.


Pola súa banda a SAR disputou un dos partidos máis completos da tempada arrancando en Pontevedra unha merecida vitoria ante o Cisne. Os redondeláns deixaron clara a súa superioridade dende o minuto 45 nun encontro que rematou co resultado de 28-38 a favor da SAR. 


Resultados positivos para os dous equipos locais que n vindeira fin de semana enfróntante nun derbi que se xogará no campo do Catering. O pavillón de Chapela acollerá esta interesante cita para os amantes do balonmán o vindeiro sábado. O Cathering parte como favorito, xa que ademais de xogar na casa son segundos na clasificación a tan só un punto do líder o atlético Novás. Pola súa banda a SAR atópase na metade da táboa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: