www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Proxección do documental "Más de 100 años de socialismo en España"
Sociedade • 22/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

As Xuventudes socialistas de Redondela organizan mañá martes a proxección do documental Más de 100 años de socialismo en España. Un audiovisual no que se repasa a historia do PSOE dende a súa fundación ata a etapa actual do PSOE coa presidencia de Zapatero pasando por Felipe González, Indalecio Prieto e Negrín.


A través de documentos gráficos e entrevistas o documental ofrece unha fascinante visión da historia do Partido Socialistas fundado hai máis de 125 anos dende que Pablo Iglesias e os seus compañeiros crearan en Madrid o partido o 2 de maio de 1879 ata o triunfo do PSOE nas elección do 2004.


Para desenvolver o audiovisual, de 110 minutos de duración. foi fundamental ademais da colaboración de políticos destacados do socialismo, a achega do arquivo da Fundación Pablo Iglesias.
Será mañá martes día 23 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira

Comentarios
javier
Luns 22 de Marzo de 2010 ás 23:48 horas
si no llega a ser por los socialistas este país a donde iria???
Marcos
Luns 22 de Marzo de 2010 ás 14:56 horas
Iso dos 100 anos de socialismo en España, ao igual que o documentalo, está por ver!
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: