www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Música tradicional para pechar o Marzo-Muller
Cultura • 26/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Unha cita musical organizada pola Concellería de Igualdade que arrancará ás 20:00 horas no Multiusos coas actuacións de Inés Suárez e Aminata Faye (guitarra

clásica), Sueño de Calíope (grupo vocal), Tanxedoras do Pandeiro (voces e

instrumentos tradicionais) e Veleiquí (música tradicional). O acto estará conducido pola contacontos e actriz Ana Carreira.


O concerto arrancará coa guitarra clásica de Inés Suárez e Aminata Faye quen interpretarán entre outros temas a muiñeira de Ponte Sampaio ou a Canción do emperador de Luís Narváez. A continuación subiranse ao escenario as compoñentes de Sueño de Calíope para interpretar diferentes poemas musicados e a música tradicional das Tanxedoras do Pandeiro.


E xa para concluír será a quenda de Veleiquí, un grupo redondelán de música tradicional que inicou as súas andadas hai pouco máis de seis meses. Formado neste caso por homes e mulleres de Chapela que tocan a gaita, o bombo, o pandeiro e o tamboril.


A actriz e contacontos Ana Carreira, dinamizará e presentará o acto.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: