www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

Redondela non se suma ao proxecto Wimax para o acceso a Internet no rural
Institucional • 26/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local alega que a Deputación privatizará o servizo de acceso a Internet unha vez conclúa a súa implantación e lembran que o Plan Marisma contempla un servizo wifi gratuíto nos Centros Culturais do municipio

 


O PP critica que o goberno local rexeitase a adhesión ao proxecto wimax rural da Deputación de Pontevedra, a través do cal o organismo oferta aos Concellos da Provincia un sistema para dotar a toda a poboación de Internet que lles permitiría que a rede chegase a practicamente o 100% da poboación.


En total sumáronse ao programa 55 concellos, mentres que foron sete os que quedaron fora, entre eles o de Redondela xunto con Vigo, Pontevedra, Marín, A Estrada, Vilagarcía e Cangas.


Os populares, a través da edil Laura Alonso, entende que esta decisión vai en contra dos veciños, principalmente daqueles que residen nas parroquias, xa que o programa "permite acceder a internet a sectores da poboación que a día de hoxe están sen cobertura"


Dende o PSOE xustificouse a decisión do concello de rexeitar este proxecto alegando que o obxectivo da Deputación é privatizar o servizo unha vez que o programa conclúa "xa que alí onde hai operadores funcionando o servizo hai que cobralo, algo que xa anunciou o organismo provincial".


Engadía Emilio González Iglesias que o Plan Marisma xa contempla un servizo wifi que permitirá acceder de xeito gratuíto a internet nos centros culturais do municipio

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: