www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Os de Chapela logran a vitoria no derbi entre o Canario e a SAR
Deporte • 29/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O balonmán tiña unha cita obrigada no pavillón de Chapela esta fin de semana, onde se enfrontaban os dous equipos locais que militan en primeira nacional. Un encontro que rematou co marcador de 27-24 e que non estivo á altura das espectativas


O Canario Cathering, clasificados xa para a fase de ascenso, lograron unha nova vitoria esta fin de semana nun partido xogado en Chapela ante a SAR.


O derbi non cumpriu as previsións e o xogo de ambos os dous equipos foi irregular. A pesar do empuxe dos homes da Peguform, a SAR non foi quen de arrebatarlle a vitoria ao Canario, nun encontro marcado polos continuos apagóns no pavillón de Chapela. O partido rematou co resultado de 27 goles a 24.


A vindeira será a última das xornadas desta tempada. O Canario ten un difícil encontro para pechar a tempada, xa que xogan fora da casa e contra o terceiro clasificado, o Lalín. Con todo, teñen asegurada matematicamente a segunda praza na táboa, posto que non corre perigo por atoparse o Lalín a dez puntos de distancia.


Pola súa banda a Sar que se atopa na sétima posición xogará na bomboneira, despedirase da súa afección cun partido contra o sexto da categoría, O Cisne.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: