www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O Choco perde o liderado ó non pasar do empate co Gran Peña
Deporte • 29/03/2010
Autor: Ana Prieto

O reparto de puntos en Barreiro foi un mal menor para os de Redondela, que aguantaron o resultado a ceros diante dun Gran Peña que foi superior. Agora o Portonovo é o novo líder da Preferente Sur. Mellor sorte en Primeira e Segunda Autonómica, onde gañaron os equipos locais.


Preferente Sur


G.Peña 0- Choco 0


Empate sen goles no partido disputado polo Choco no campo do G.Peña. A derrota dos de Julio Álvarez suponlles perder o liderado, que agora é do Portonovo, a un punto de distancia. O Choco non foi capaz de demostrar por que comezou a xornada na cabeza da clasificación da Preferente Autonómica Sur, e só conseguiu rescatar un punto en Barreiro ante unha Gran Peña que foi superior. O empate sen goles foi un mal menor para o equipo de Redondela que suma cinco saídas consecutivas sen gañar. Ambos os equipos tiveron as súas ocasións de gol durante o encontro, pero ningún co acerto suficiente. Na próxima xornada reciben en Santa Mariña a un dos equipos da parte baixa da táboa, o Marín.


 


Primeira autonómica
Arcade 1- Moaña 0


O Arcade resístese ó descenso despois de sumar tres puntos diante do Moaña, un dos grandes desta liga. Os de Jacobo Montes fixeron un bo partido. Foron superiores ó Moaña, que só chegou á área local en dúas ocasións, mentres que os de Soutomaior tiveron varias ocasións claras para aumentar a súa vantaxe. O único gol do partido marcouno Berto para os locais no minuto 9. Polo Arcade destacaron tamén Táboas e Fon, e polo Moaña Chino. Os de Soutomaior son 15º, teñen catro equipos por baixo deles. Na próxima xornada xogan no campo do Castrelos, equipo da metade da táboa.


 


Segunda autonómica


Chapela 4- Ribera 1


O Chapela, con 10, golea ó Ribera. Os de Luis Ferreira souberon xogar o seu partido e rematalo á contra. Os redondeláns souberon manterse ben plantados no campo a pesares da expulsión de Diego por dobre amarela no minuto 42, cando xa gañaban por 2-0. Dous goles de Conde, que foi o encargado de abrir e pechar o marcador, ós que se sumaron os de Carlos, e Álex, fixeron posible a goleada. Polo Ribera anotou Víctor. Os visitantes tiveron oportunidade de recortar distancias, pero os dous disparos bateron no pau. Con este resultado o Chapela afiánzase na segunda praza e pon máis distancias co Ribera, que é terceiro, e está xa a 10 puntos. Na próxima xornada visitan o campo do S. Esteban (7º).


 


Terceira autonómica


Cesantes 2- Portas 4


Perdeu o Cesantes nun partido con moitos goles. Con todo os de Redondela mantéñense na metade da táboa. Na próxima xornada xogan no campo do Monteporreiro, equipo da metade baixa da táboa.


 


Beluso 2- Soutomaior 1


Partido entre dous equipos moi igualados que se xogou de poder a poder. Os tres puntos quedaron no Morrazo, e é que os locais puxeron moitas máis gañas. Na primeira parte o encontro estivo moi igualado, pero xa na segunda o Beluso dominou e foi superior. Con este resultado o Soutomaior perde as poucas opcións que quedaban para soñar co ascenso. Son terceiros, pero están xa a 8 puntos do 1º e 2º clasificado (Vilaboa e Bahía).


 


Arcade B 5- Santomé 1


Os de Arcade golearon sen piedade a un dos equipos da parte baixa da táboa. O resultado déixaos na 7º posición da táboa.


E a próxima xornada vivirase un interesantes derbi, o Soutomaior-Arcade. Os dous equipos están en situacións ben diferentes, O Soutomaior coas aspiracións do ascenso perdidas, mantense na 3ª praza do grupo. Os do filial, sen máis presión que a de facer a mellor temporada posible veñen de golear ó Santomé, confirmando unha excelente temporada, que pode levar a algún dos seus xogadores ó primeiro equipo. O derbi será, de seguro, un interesante encontro.


 


ChocoB 3- Sampaio 3


Os de Redondela manteñen a 7ª praza do seu grupo despois do empate a tres goles co Sampaio . Na próxima xornada xogan no campo do S. Mariña (5ª).


 


Nespereira 2- Rubios 4


Os de Pazos de Borbén seguen como colistas, despois da derrota co Rubios, na próxima xornada xogan no campo do Castelo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: