www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

A festa da ostra reunirá a máis de 30.000 persoas na fin de semana
Sociedade • 29/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A coincidencia coas celebracións da Semana Santa levaron á organización do evento a adiantar a apertura dos stands, que será ás doce do mediodía do sábado. Ao longo da fin de semana estímase que pasarán por Arcade 30.000 persoas que desgustarán 100.000 unidades do bivalvo.


O evento gastronómico chega a súa 24ª edición coa festa que se vai desenvolver os vindeiros días 3 e 4 de abril en Arcade coincidindo coa Semana Santa. Como novidade este ano, adiántase a apertura dos stands de degustación para a mañá do sábado e recupéranse ademais a preparación das ostras en escabeche e en empanada.


En canto aos prezos, dende o goberno local, o alcalde Agustín Reguera, agradecía o "esforzo por parte dos ostricultores que baixaron o ano pasado a 4 euros o prezo da ducia de ostra, e este ano o manteñen".


A encargada de ler o pregón será a Conselleira de Pesca, Rosa Quintana e para evitar as inclemencias meteorolóxicas celebrarase baixo unha gran carpa instalada na zona do Peirao de Arcade.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: