www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O Choco fai un chamamento á afección para que os arroupe no partido co Marín en Santa Mariña
Deporte • 30/03/2010
Autor: Ana Prieto

Os redondeláns perderon o liderado o pasado domingo, ó empatar en Barreiro, pero están dispostos a loitar "ata o final" para volver a encabezar a clasificación. Co obxectivo da permanencia cumprido, agora o reto é facer realidade o soño do ascenso a Terceira.


Preferente Autonómica



Non hai descanso de Semana Santa para os xogadores do Choco. Esta semana adestran, como calquera outra, e o domingo disputarán en Santa Mariña un encontro diante dun rival complicado, o Marín. Cunha ollada á clasificación podería dar a falsa impresión de que se trata dun equipo frouxo, na metade baixa da táboa. Pero Julio Álvarez non se fía. Asegura que se trata dun equipo "moi duro", e que aínda que empezou mal a liga, nos últimos partidos gañoulle a moitos dos conxuntos da parte alta da táboa. Por iso pide o apoio da afección que para o adestrador será "fundamental". En canto ós obxectivos de cara a final de temporada (restan nove xornadas), o técnico é rotundo. O que se buscaba a principio de temporada era a permanencia, e iso está "máis que cumprido". Pero non renuncia a nada, e o reto agora é facer realidade o soño do ascenso a Terceira.

Comentarios
Choquiño
Martes 30 de Marzo de 2010 ás 14:05 horas
Yo voy!
Choco
Martes 30 de Marzo de 2010 ás 13:59 horas
Creo que polo ben de Redondela e do fútbol redondelán sería necesario que todos acudamos para volver a terceira que é o lugar que Redondela se merece no fútbol. Ánimo e todos a en Santa Mariña
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: