www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

XXIX Maratón de Fútbol sala no pavillón de Redondela
Deporte • 31/03/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Pavillón Municipal de Deportes acollerá os vindeiros días 1, 2 e 3 de abril o XXIX Maratón de Fútbol Sala Concello de Redondela, que se disputara na categoría sénior masculino.


Como xa é habitual na Semana Santa redondelá, dende o Xoves Santo daranse cita no pavillón do municipio moitos dos mellores equipos de fútbol sala da provincia para disputar este clásico do fútbol.


O maratón, que se xogará de xeito ininterrompido dende as 16.00 horas do xoves 1 de abril ata a madrugada do sábado ao domingo,  está organizado polo Club Redondela Fútbol Sala en colaboración coa concellería de Deportes e patrocinado por Umbro, a cafetería Aifos e Amoedos Rotulación.


Ao finalizar o torneo, no que está prevista a participación de numerosos equipos de toda a provincia, entregaranse trofeos aos catro primeiros clasificados, ao equipo menos goleado, á deportividade, ao mellor xogador e ao máximo goleador.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: