www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

As ostras atraen a Soutomaior a máis de 30.000 persoas na fin de semana
Sociedade • 5/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Esgotáronse as 100.000 unidades do molusco que se serviu en empanada, escabeche e ao natural. A Conselleira de pesca, Rosa Quíntana , enxalzou o papel das mariscadoras das que dixo no pregón que "dan a imaxe distintiva das nosas rías".

 


Cumpríronse as previsión e o bo tempo animou a milleiros de persoas a achegarse na xornada de onte ao peirao de Arcade para degustar as ostras na XXIV edición da festa que se dedica a este prezado molusco en Soutomaior.


Prezo populares que permitiron degusta a ducia de ostra a catro euros ben ao natural ou en escabeche pero tamén preparadas en empanada e acompañadas de viños ribeiros e albariño.


A carpa instalada no peirao recibía xa aos primeiros visitantes na mañá do sábado, pero foi onte cando se viviu o día grande. A música da banda Cultural e da Agrupación Artística de Arcade animou a xornada, un rebumbio que só se silenciou para escoitar á pregoeira da festa, nesta ocasión a Conselleira do Mar Rosa Quíntana, quen aproveitou para enxalzar o papel das mariscadoras e a importancia do rol feminino na promoción das actividades pesqueiras en Galicia. Neste sentido dedicou un recoñecemento ás ostreiras de Arcade, a quenes definiu como "as mellores embaixadoras deste marisco, que abren Arcade ao mundo".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: