www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

A Deputación investirá 371.552 euros en Pazos de Borbén
Institucional • 5/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A urbanización da praza do concello e o proxecto de creación dunha área recreativa e de construción dunha piscina na parcela de equipamento deportivo no municipio de Pazos de Borbén son os dous proxectos nos que a entidade provincial investirá esa partida económica.


Coa aprobación deste proxecto, a Deputación deulle xa o visto bo ó 100% das obras presentadas polo Concello de Pazos a este plan. Concretamente, a Deputación investirá un total de 705.314,31 euros na execución de catro actuacións no período 2009-2011.


Por outra banda, a Xunta de Goberno da Deputación tamén aprobou o proxecto para a mellora de camiños en Fornelos e San Mauro (Fornelos de Montes) nos que se investirán 100.734,20 euros. Neste municipio a Deputación prevé executar cinco obras no período 2009-2011 cunha inversión de 628.819 euros do Plan de Investimentos. No caso do municipio de Fornelos de Montes a Deputación tamén lle deu xa o visto bo ó 100 % dos proxectos presentados.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: