www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

Fábulas no berce con Charo Pita
Cultura • 5/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A biblioteca de Redondela acolle o vindeiro venres este espectáculo orientado a nenos de entre 0 e 3 anos. O xoves na biblioteca de Chapela celébrase un obradoio de pintura de paisaxe a cargo de Marta Pérez Lozao


A palabra e a música forman parte do espectáculo que a contacontos e actriz Charo Pita ofrecerá na biblioteca de Redondela o venres 9 de abril.


Relatos sinxelos, ritmos e cancións para adaptarse a un público moi especial: nenos de 0  a 3 anos.Un xeito de introducir aos máis cativos no universo das palabras co espectáculo que Charo Pita titula "fábulas no berce".


A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas polo que é preciso anotarse previamente na biblioteca de Redondela no Multiusos da Xunqueira.


Pintura de paisaxe


Por outra banda, a biblioteca do Piñeiral do Crego en Chapela organiza o vindeiro xoves 8 de Abril ás 18:00 horas un obradoiro de pintura de paisaxe orientado a rapaces e rapazas entre 5 e 15 anos. O Taller de pintura ao natural, correrá a cargo da pintora Marta Pérez Lozao, quen actualmente expón a súa obra no Multiusos da parroquia.


É imprescindible inscribirse con anterioridade na biblioteca ou no tlf 986 45 42 26

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: