www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

Concerto de Mexa por dentro, Skakeo e Empezar de Cero, finalistas do Festival Millo Verde
Cultura • 16/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os asistentes ao concerto, que terá lugar esta noite no antigo recinto da Feira do gando, elixirán co seu voto ao gañador do III Concurso de maquetas que organiza o colectivo Millo Verde  


O III concurso de maquetas Millo Verde chega hoxe ao seu remate coa celebración dun concerto no que participarán os tres grupos finalistas: o grupo lalinense de rock metal Empezar de Cero, o punk vigués dos Mexa por dentro e o ska da agrupación Skakeo de Bueu.


Será o público asistentes a este concerto, que comezará ás 20:30 horas no recinto do antigo mercado do gando, o encargado de decidir mediante votación quen son os gañadores desta edición.


Unha das novidades deste ano será a inclusión na final dun grupo local da vila quen participará fóra de cartel.


A entrada custará 2€, con unha consumición mínima incluída, así como dereito a voto para decidir o grupo gañador. O resultado da votación darase a coñecer ao rematar o concerto-final, momento no que se recollerán os votos de cada asistente. O grupo elixido farase así un oco no cartel do Festival Alternativo Millo Verde que se celebrará os vindiero días 11 e 12 de xuño en Redondela

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: