www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Xuño de 2019

Proxéctase en Saxamonde unha selección dos mellores traballos do Redondela en Curto
Cultura • 16/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Entre os títulos que se poderán ver o vindieros domingo no Centro Social Chan das piapas atopamos algúns dos máis aplaudidos polo público en edición anteriores como "la ruta natural" ou "Diente por ojo".

 


O Centro Social e Deportivo Cultural "Chan das Pipas" de Saxamonde inicia a súa programación cultural de primavera cunha proxección de curtametraxes o vindeiro domingo 18 de abril ás 19:00 o Centro Cultural da parroquia.


En total poderanse ver seis dos traballos que maior aceptación tiveron entre o público nas edicións anteriores. Así, proxectaranse os títulos "La ruta natural", "Runners", "Diente por ojo" e "Miente", todos eles títulos que foron premiados en edicións anteriores do festival.


Un acto que contará coa presenza do director do festival "Redondela en Curto" Cuchi Carreira e que pretende achegar así este formato audiovisual ás parroquias, as veces esquecido nas programacións culturais que se programan no rural.


O Centro Social e Deportivo Cultural "Chan das Pipas" de Saxamonde está preparando ademais o Maio para este ano e ten previsto o inicio de actividades periódicas de sendeirismo para o mes de maio.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: