www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Novembro de 2019

O plan de transporte da área metropolitana non se porá en marcha ata o 2015
Sociedade • 16/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O concelleiro de tráfico de Redondela asegura que a iniciativa que permitiría reducir notablemente o prezo do billete no transporte entre Redondela e Vigo non será realidade antes de cinco anos


O tan demandado plan de transportes que debería dar servizo aos concello de toda a área metropolitana e que suporía un aforro importante para os usuarios do transporte público entre Redondela e Vigo non será unha realidade ata o 2015. Así o confirmou o concelleiro de tráfico de Redondela, Eduardo Reguera, quen asegura que a pesar da boa disposición do goberno local para sumarse ao proxecto, aínda se está en fase de  negociacións polo que a posta en marcha desta iniciativa non será a curto prazo.


A medida tería unha incidencia directa nos usuarios, xa que o prezo dos billetes entre Redondela e Vigo veríase rebaixado notablemente: o prezo do billete individual reduciríase de 1'40 euros -custe actual- a 1'25, mentres que o billete se rebaixaría praticamente ao 50% no caso dos usuarios que fagan máis de 40 viaxes mensuais, que pasarían a pagar 0'72 céntimos.


Este plan de transporte prevé ademais que o usuario poida empregar varios medios de trasporte co mesmo ticket mentres os transbordos se fagan nun prazo de 45 minutos e sendo válido para o autobús, barco e tren.


Con todo, un Plan polo que teremos que esperar aló menos cinco anos máis segundo as previsións de Reguera.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: