www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

A Piragua de Abrapalabra Creacións Escénicas pecha o Treatrarte
Cultura • 16/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Baixo a dirección de Cándido Pazó chega a Redondela "A piragua", última das representacións do teatrarte que se poderá ver o sábado 17 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira

 


Tres anos despois da súa estrea, o director, o equipo artístico e o elenco que participou na montaxe do Centro Dramático Galego, reúnense novamente para dar vida a esta historia que aborda un tema de dolorosa actualidade, a violencia de xénero.


O argumento parte dunha reunión dunha comunidade de veciño e do enfrontamento que se produce cando un dos propietarios protesta porque hai outros que usa a praza de garaxe para gardar unha piragua. O enfrontamento permitirá coñecer os dramáticos sucesos que están a acontecer nunha das vivendas.


A obra, como todas as incluídas no ciclo da Concellería de Cultura, ten un prezo de 4 euros para o público en xeral, dous para estudantes e xubilados.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: