www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

Cautela no Concello ante as posibles afeccións da ampliación da AP-9 en Chapela
Institucional • 19/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A decisión da ampliar a autoestrada causa sorpresa "por tratarse dun cambio de postura por parte de Fomento". O alcalde móstrase preocupado polas afeccións que o proxecto, que inclúe a construcción de dous novos carrís na vía entre Vigo e O Morrazo, vai ter na parroquia de Chapela.


O alcalde de Redondela, Xaime Rei, mostrou a súa sorpresa ante a decisión de Fomento de ampliar a ponte de Rande e a autoestrada AP-9 entre Teis e o Morrazo, por entender que se trata dun "cambio de postura do ministerio".


Entende que sería máis lóxico esperar a que entrara en funcionamento a autovía A-59 entre Vigo e Pontevedra, e que unha vez en marcha o novo vial se estudase a ampliación ou non da autoestrada en base ao tráfico que continuase a soportar a ponte.


Rei mostrase tamén preocupado polas afeccións que este proxecto terá na parroquia de Chapela xa que se trata dunha ampliación de un carril en cada sentido da marcha que afectará a un tramo de seis kilómetros entre Vigo e o Morrazo. O alcalde explicou que segundo os técnicos de Audasa a obra vai ter menos afeccións que o anterior proxecto cando se anunciaba a expropiación de 5 ou 6 casas e o colexio da parroquia. Unha información á cal o rexedor local non da moito crédito tendo en conta que esta ampliación é máis ambiciosa". Por ese motivo prefire ser cauto e esperar a ver o proxecto.


O inicio da ampliación está previsto para abril de 2011. O proxecto, cifrado en 173 millóns de euros, contempla a construcción de dous novos carrís, isto é, un terceiro carril en cada sentido da marcha.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: