www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 4 de Abril de 2020

O Canario Catering disputa a fase de ascenso a próxima semana
Deporte • 26/04/2010
Autor: Ana Prieto

A cidade de León acollerá os partidos da fase de ascenso que tiñan que terse xogado xa a pasada fin de semana. O peche dos aeroportos a pasada semana obrigou a aprazar a cita, xa que xogadores do Barcelona e o León non puideron viaxar.


BALONMAN


O Canario Catering apraza ata a próxima fin de semana a disputa da fase de ascenso, será os días 30 de abril e 1 e 2 de maio en León. Dispútanse a praza co León, o Barcelona e o Aldemar. A clasificación debería terse xogado xa esta fin de semana, pero a erupción do volcán finlandés impediuno. Dous dos rivais, o Barcelona e o León, tiñan a moitos dos seus xogadores convocados coa selección española, e o peche do espazo aéreo europeo a pasada semana impediulles chegar ó seu destino, polo que a Federación de Balonmán decidiu aprazar a competición. Disputarse polo tanto esta fin de semana. O Venres xogarán contra o León, ás 19:30 horas, o sábado co Barcelona, ás 11.30, e o domingo á mesma hora co Aldemar.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: