www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 4 de Abril de 2020

O Choco golea con autoridade ó Arenteiro
Deporte • 26/04/2010
Autor: Ana Prieto

Os redondeláns defenderon o liderado con solvencia e camiñan con paso firme cara ó ascenso a Terceira División. O Chapela, matematicamente ascendido xa a Primeira Autonómica, gañou tamén o seu partido co Louro.


Rexional Preferente


Arenteiro 0- Choco 5


Os de Redondela defenderon con autoridade o liderado no campo do Arenteiro. A vitoria, por 0 goles a 5, foi un paso de xigante para acadar o soño do ascenso a Terceira. Durante os primeiros minutos o equipo ourensán púxolle fronte ó Choco, e mesmo dispuxo de ocasións de gol para poñerse por diante no marcador con disparos de Diego e Marcos. Pero avanzaban os minutos e os de Julio Álvarez, con máis veteranía, comezaron a chegar tamén á portería local, aínda que sen ocasións claras. Xa na segunda parte, o Arenteiro volveu saír con ambición, pero en dous minutos o partido cambiaría co primeiro gol de Kennedy e un penalti que foi moi protestado e que transformou Aitor Gómez. Os de Ourense, a falta de doce minutos para o final, quedou con 9 xogadores polas expulsións de Diego e Juan. Deste xeito os de Redondela non tiveron problemas para resolver o partido con tres goles máis, dous de Aitor Gómez e un de Iago. A pesares do abultado triunfo do Choco, os de Julio Álvarez tiveron que sufrir ata o minuto 65 para poder adiantarse no marcador.


O Choco está xa máis preto do ansiado ascenso a Terceira, a falta de catro xornadas para rematar a liga. A próxima xornada reciben en Santa Mariña ó Pontellas (8º clasificado)


 


Primeira Autonómica


Atios 3- Arcade 0


Derrota do Arcade na casa do líder da categoría, o Atios. Con todo os de Soutomaior, grazas ós resultados dos rivais directos, matén unha situación relativamente cómoda, no 12º posto da táboa, aínda que moitos dos seus perseguidores disputaron un partido menos. A próxima fin de semana reciben ó Mondariz, dous postos por baixo deles.


 


Segunda Autonómica


Louro 1- Chapela 2


O Chapela impúxose no campo do Louro no tempo de desconto, unha vitoria que non estivo exenta de polémica. No partido houbo unha parte para cada equipo. Adiantouse o Louro no minuto 27 cun gol de Juanjo, e xa na segunda metade empataría Conde para o Chapela. Xa en tempo de desconto, no minuto 93, Chus adiantou ó Chapela dándolle a vitoria definitiva. Ese último gol foi en posición dubidosa, o que provocou o enfado dos locais. Os de Luis Ferreira, xa matematicamente ascendidos a Primeira Autonómica, afrontan este final de liga pensando xa na próxima temporada e dándolle minutos ós xogadores menos habituais. Escoitamos ó adestrador


-chapela xogadores


a proxima fin de semana reciben ó Caldelas, equipo da metade da táboa


 


Terceira Autonómica


O Choco mantense na 7ª posición do seu grupo, a pesares de ter un partido menos que moitos dos equipos da táboa, xa que onte descansaba. A próxima fin de semana xoga no campo do Alcabre, equipo da metade baixa da táboa.


 


Sanguiñeda 3- Nespereira 0


Nova derrota do Nespereira, que xa non evitará rematar a liga como colista do seu grupo. A próxima xornada recibe ó Louredo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: