www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 4 de Abril de 2020

Detido o autor de dous roubos en Redondela
Sucesos • 26/04/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O autor dos roubos, nun establecemento comercial do Paseo da Xunqueira e nunha cafetería da praza da Constitución conta con 70 detencións anteriores. O xulgado de garda de Redondela decretou xa o seu ingreso en prisións


Axentes da Policía Nacional de Vigo detiveron a Jesús M.G. de 39 anos de idade como presunto autor de dous delictos de roubos con forza en Redondela. Os feitos tiveron lugar nun establecemento comercial do Paseo da Xunqueira na madrugada do 7 de febreiro e o pasado 10 de abril nunha cafetería da Praza da Constitución. No primeiro dos sucesos, o autor do roubo fracturou o cristal do escaparate levándose do seu interior 550 euros así como vintecinco colchóns e outras tantas almofadas. No segundo asalto o botín ascendeu a 570 euros e varias latas de bebida.


Xentes da policía que se fixeron cargo da investigación lograron identificar ao autor dos feitos, un individuo de 39 anos e con 70 detencións anteriores, polo que se estableceu un dispositivo policial para proceder á súa detención que se producía na mañá de onte domingo na rúa Santa Mariña.


O detido pasou a disposición do Xulgado de instrucción de Redondela quen decretou o seu ingreso en prisión.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: