www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Redondela é un dos concellos denunciados por Bruxelas por mal saneamento das augas
Institucional • 6/05/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Medio Ambiente asegura que os problemas na EDAR aos que se refire o expediente aberto pola Comisión Europea foron solucionados co investimento de 1'3 millóns de euros e lembra que a día de hoxe "a normativa cúmprese estritamente tal e como acreditan as auditorías"


As obras realizadas na EDAR de Redondela non impiden que o noso concello se atope entre os once municipios que a Comisión Europea ten previsto denunciar ante o tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprir, dende hai unha década, a directiva que obriga a garantir o saneamento integral, mediante sistemas de colectores e estacións de tratamento que impidan o vertido de augas residuais contaminadas ao mar, rías ou ríos.


A concellería de Medio Ambiente entende que "non ha lugar a esta denuncia" xa que o Concello cumpre "estritamente a normativa tal e como o acreditan as auditorías periódicas que realiza a Xunta". Lembra o responsable deste departamento Carlos Pazos que o pasado ano remataron unhas obras de mellora na depuradora cun investimento por valos de 1.300.000 euros pro parte da Xunta que permitiron solucionar as deficiencias que a instalación presentaba con anterioridade.


Entende que o proceso quedará arquivado unha vez se traslade ás autoridades europeas toda a documentación que acredita que Redondela está a cumprir a directiva comunitaria.


O expediente da Comisión Europea inclúe a 38 núcleos de toda España, e afecta en Galicia a Santiago, ás dúas grandes  cidades, Vigo e Pontevedra, así como a Baiona, Tui, Noia, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Viveiro e Redondela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: