www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 17 de Outubro de 2017

Unha motorista resulta ferida nun accidente de tráfico na rúa Alfonso XII
Sucesos • 7/06/2017
Autor: Ana Prieto

O accidente producíase contra as 10.30 desta mañá, a altura da Praza de Figueroa, pola colisión entre unha motocicleta e un turismo. Na moto viaxaba unha parella, sendo a muller a que pilotaba, e a única persoa que resultou ferida. Os servizos de emerxencias trasladárona ao Centro de Saúde de Redondela, con varias contusión.


Ao parecer o ciclomotor circulaba sen o seguro obrigatorio, e tampouco tiña pasada a ITV. A policía local de Redondela, que se desprazou ao lugar do sinistro, explicaba que "aínda é cedo para coñecer as causas do accidente". Os axentes recolleron os datos das persoas implicadas no sinistro e restableceron a circulación na zona do accidente, onde se rexistraron leves retencións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: