www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

As obras de humanización chegan ao Pavillón da Marisma
Institucional • 9/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os traballos, que arrancaron esta semana e está previsto rematen a mediados de xullo, contan cun orzamento de 113.392 euros financiados pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia a través do Plan Hurbe. A actuación consistirá na construción de beirarrúa en todo o perímetro do centro deportivo así como a mellora do alumeado coa instalación de 14 farois o que dará mais comodidade, limpeza e seguridade na contorna deste pavillón.


As beirarrúas terán en conta a accesibilidade e tamén a entrada e saída de vehículos para carga e descarga de material necesario para a organización de competicións.


Desde a apertura do Pavillón A Marisma foron moitos os campionatos a nivel galego que se desenvolveron nel debido á súa calidade: agora con estes traballos mellorarase o exterior que se atopaba aínda sen humanizar. Ademais, vaise asfaltar o camiño que leva ao IES Mendiño, que xa estaba deteriorado, e a subida do Centro de Saúde.


O concelleiro de deportes Julio Mougán salienta o cambio que está a experimentar este espazo "cando chegamos ao Goberno este solar era unha lugar cheo de vertdos, valado e cun cartaz dun auditorio que nin foi nin sería unha realidade. Agora dispoñemos dunha instalación deportiva de primeiro nivel que nun mes estará totalmente humanizada para continuar coa construción dun bowl para practicar skate ou bms, e unha cancha de baloncesto".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: