www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Detido un veciño de Soutomaior por un presunto delito de maltrato animal
Sucesos • 12/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Garda Civil detiña a este home, I.G.A., de 42 anos de idade e veciño de Soutomaior por ter na súa vivenda a 15 cans nunha condición pésimas de saúde e hixiene. Ademais apareceron outros tres cans mortos na súa casa. Os animais foron rescatados e ao detido impútaselle un delito continuado de maltrato animal, que pode ser sancionado con penas de prisión. Quedou libre con cargos e coa obriga de comparecer ante o xulgado de Redondela, onde se entregaron as dilixencias.


Os axentes tiveron coñecemento dos feitos o pasado 30 de maio cando detectaron aos animais polas proximidades da parroquia de Lourido en Soutomaior nun estado hixiénico-sanitario deplorable: con feridas sangrantes, infeccións na pel e signos de non estaren alimentados.


Ademais dos animais que presentaban signos evidentes de falta de coidados, os axentes atoparon un animal morto por desnutrición nunha das estancias da vivenda e outros dous cadáveres en estado de descomposición


Ante esta situación, os axentes solicitaron a Delegación provincial de Conservación da natureza da xunta a retirada de todos os animais, que foron entregados no Centro de Acollida e Protección da Deputación de Pontevedra onde recibirán tratamento para a súa recuperación e que poidan ser adoptados.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: