www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Agosto de 2017

O Arealonga F.S. proclamouse Campión da Copa Provincial na categoría Cadete Feminina
Deporte • 12/06/2017
Autor: Ana Prieto

As de Chapela impuxéronse por 2-4 ao C.D. Beade no encontro disputado no pavillón das Travesas, en Vigo. Agora o club prepara o XIV Torneo de Fútbol Sala de Chapela, que se celebrará desde o 21 de xuño ata o 2 de xullo, e no que participarán un cento de equipos de todas as categorías.


Copa Provincial


C.D. Beade 2-4 Arealonga F.S.


Partido intenso e emocionante que se decidiu na segunda metade, logo de chegar ao descanso con empate 0-0. Na segunda parte Lucía, con 2 goles, e Brenda e Eda con cadanseu, sentenciaron o encontro para o equipo redondeán. Trátase do primeiro título en categoría feminina para o Arealonga F.S., ao que esta temporada se suma o subcampionato de liga provincial.


XIV Torneo de Fútbol Sala de Chapela


Últimas horas para inscribirse nunha das citas máis agardadas do verán no fútbol sala da provincia. O Arealonga F.S. organiza un ano máis o Torneo de Chapela, que este ano se celebra entre o 21 de xuño e o 2 de xullo. Doce días de competición en todas as categorías, desde os "mini" ata os sénior, con categorías masculinas, femininas e mixtas. Iván Vázquez, o presidente do club, lembrou que levan varios meses traballando para que todo saia "á perfección", coa colaboración das empresas e comercios de Chapela que se envorcan con esta cita deportiva. Agardan que máis dun cento de equipos participen nesta edición, na que Vázquez Figueroa destaca tamén a presenza de equipos femininos. Isto supón que uns 800 rapaces das categorías inferiores e uns 350 xogaores sénior pasen polo pavillón de Chapela ao longo do torneo. Hoxe é o último día para a inscrición nas categorías inferiores nas modalidades Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil masculino e feminino. Para o resto de categorías o prazo está aberto ata o 16 de xuño. Son as de Cadete masculino e feminino, Xuvenil masculino, Sénior mixto, Sénior feminino e Sénior masculino. O prezo da inscrición vai desde os 50 euros dos cadetes, ata os 100 da sénior masculina. Nas categorías infereiores é de balde.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: