www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 24 de Xuño de 2017

Redondela estrea bandeira
Sociedade • 14/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Redondela viviu no mediodía de hoxe a estrea das súas insignias institucionais, a bandeira e o escudo, nun acto cualificado de histórico polo alcalde Javier Bas quen anunciou que "xa estamos a traballar na elaboración do himno". A bandeira, que ondea xa no Concello, é un pano de cor granate no que está centrado o "R" en ouro, inicial do topónimo e tres cunchas de vieira, tamén en ouro, que segundo explicaba José Antonio Orge do Seminario de Estudos Redondeláns (SEREN) simboliza a dependencia de Redondela da mitra compostelá.


Orge lembrou ante os asistentes que o novo escudo naceu ante a necesidade de axustar o existente á normativa heráldica para poder así rexistralo de forma oficial. Decidiuse logo ampliar a investigación para determinar a bandeira que finalmente vai representar Redondela e na que aparece o "R" dourado algo pouco habitual a nivel nacional e as tres cuchas de vieira que simbolizan a dependencia de Redondela da mitras compostelá. O feito de que sexan tres habería que buscalo na antiga división eclesiástica do núcleo da vila en Santa María de Reboreda e Santiago Apóstolo de Redondela e Vilavella.


"Un día importante para a nosa vila" explicaba o alcalde, quen ademais de agradecer os apoios institucionais e políticos así como "o rigoroso traballo do SEREN" que fixo posible contar con esta bandeira  "que estará presente no día a día do noso concello" anunciaba tamén "o noso compromiso de dotar a Redondela dun himno que reflicta a nosa sinal de identidade".


Un acto no que estiveron presentes Ignacio López-Chávez e a responsables de a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, o ex alcalde Amado Ricón (o tamén ex alcalde Xaime Rei escusou a súa ausencia por non estar estes días na vila)  así como numerosos veciños e representantes de centros culturais que ao finalizaren os discursos recibiron cadanseu unha bandeira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: