www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 24 de Xuño de 2017

Concerto de La Fuga, Relámpago e RMS no Campo da Feira
Cultura • 16/06/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A programación das festas da Coca continúa coa música como protagonista nunha xornada na que o rock soará con forza no Campo da Feira. Será a partir das 21:30 cun concerto no que o grupo cántabro La Fuga estará teloneado polos grupos locais Relámpago e RMS. O domingo haberá visitas guiadas a Illa de San Simón e a Danza das Espadas e as Penlas así como as alfombras tomarán as rúas de Vilavella.


Son moi novos, 11, 12 e 18 anos, pero Saul, Martín e Óscar - Relámpago- non serán a primeira vez que se suban a un escenario. Eso sí, nesta ocasión fano coa satisfacción de ser os teloneiros dun dos grande do rock, o grupo La Fuga. Precisamente a súa música bebe do rock, xa que o seu repertorio está cheo de versións de temas clásicos do rock "aínda que nos últimos tempos traballan tamén en cancións propias".


 Seguiralle a actuación de RMS, grupo local xa máis veterano que se caracteriza tamén por facer versións de rock clásico.


E por último, subirase ao escenario a formación cántabra La Fuga, Pedro (voz e guitarra), Nando (guitarra), Alex Sanz (baixo) e Edu (batería): un grupo de Reinosa (Cantabria) con máis de 500 concertos as súas costas nunha ducia de xiras, 9 discos publicados e unha historia de constancia e rock and roll que arrancou no ano  1996.


Un programa de fin de semana enmarcado dentro das Festas que inclúe tamén visitas guiadas á Illa de San Simón o vindeiro domingo  día 18 con saída dende o peirao de Cesantes. Os billetes pódense mercar na oficina de turismo do Concello de Redondela a 4 € a viaxe. Os horarios dos barcos serán ás 12:00 horas e as 16:30 horas. A viaxe inclúe unha visita guiada pola enseada e na Illa de san Simón e San Antón.


Un sábado e domingo nos que haberá as tradicionais verbenas no campo da feira, mañá coas orquestras Pontevedra e Xacobeo e o domingo coa Orquestra Charleston. Tamén repetirán as alfombras florais, aínda que na noite do sábado trasládanse a Vilavella e o domingo volverá a verse a Danza das espadas e as Penlas nesta ocasión na praza de Ribadavia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: