www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 23 de Xuño de 2018

Reclaman a eliminación de barreiras arquitectónicas no municipio
Institucional • 11/05/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O PP critica que se investiran 5 millóns de euros en obras sen que se mellorase na creación de itinerarios accesibles para as persoas con minusvalías. Reclaman que se amplíen as prazas de aparcamentos e que se rehabiliten as beirarrúas


Francisca Canal volverá a presentar outra moción esixindo que se asigne unha partida orzamentaria para a eliminación de barreiras arquitectónicas, co obxectivo de que as persoas con minusvalía poidan acceder e desprazarse libremente sen obstáculos nas rúas, prazas ou edificios


Afirman que logo de investir máis de 5 millóns de euros en obras a día de hoxe "a situación non cambiou, incluso empeorou " motivo polo que reclamaran ao pleno do concello que asigne unha partida orzamentaria para eliminar os obstáculos, facendo accesible todos os lugares públicos á aquelas persoas que presentan minusválidas.


A falta de mobilidade é un problema moi grave con repercusións en moitas facetas dunha persoa, pois implica non poder desprazarse para facer as actividades básicas da vida diaria e de lecer. Lembran que "non é suficiente con adaptar a casa da persoa discapacitada, senón que é imprescindible que todos os edificios, públicos e privados, teñan fácil acceso, as beirarrúas teñan os rebaixes pertinentes e os pavimentos sexan antideslizantes, entre outras cuestións".


Por todo isto, dende o PP propoñen que se inicie unha adaptación das rúas creando itinerarios accesibles e denuncian que ata o de agora "o que se fixo foi crear máis obstáculos dos xa existentes colocando unha serie de ornamentos que dificultan a mobilidade; que se amplíen as prazas de aparcamento e que exista un itinerario peonil accesible e sinalizado que comunique a vía pública coas prazas reservadas e que se rehabiliten as beirarrúas do municipio de maneira que todas teñan os rebaixes axeitados e os pavimentos sexan antideslizantes.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: