www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 17 de Outubro de 2017

AER celebra una Asemblea Aberta no Viso
Política • 8/08/2017
Autor: Ana Prieto

A Agrupación de Electores de Redondela continúa a realizar encontros coa veciñanza "parroquia por parroquia". Mañá mércores, día 9, achegaranse á Sociedade de Agricultores do Viso, na antiga escola de Tuimil, a partir das 20.30 horas. Deste xeito queren faciliar a participación dos veciños nestas xuntanzas para recoller as súas demandas, suxestións e inquedanzas.


As reunións abertas de AER que se realizan habitualmente os mércores no Multiusos da Xunqueira, trasládanse ao longo do mandato e de xeito periódico ata as diferentes parroquias de Redondela para "escoitar e atender" as preguntas, demandas e suxestións dos veciños. A asemblea é de acceso libre, e todos os que desexen asistir poderán participar nos debates que os membros da Agrupación de Electores teñan acerca de diversas cuestión da política municipal. O orzamento municipal, os funcionamento dos consellos parroquiais, o PXOM ou os propios problemas que teñan os veciños do Viso serán algúns dos temas a tratar.


Enfrontamento por un millón de euros de remanente de Tesourería


AER cuestiona que o goberno local levara ao pleno do pasado mes de xullo "por urxencia e sen consenso" unha incorporación de crédito de remanente de Tesourería por valor de 1.102.987 euros. Trátase dos cartos de partidas que non se executaron ou sobraron de anos anteriores. A Agruapción de Electores explica que estaban dispostos a chegar a un acordo consensuado sobre o uso dos cartos que quedarían a libre disposición do goberno local. E un consenso respecto do modelo de contratacións, dada a discrepancia que manteñen polo xeito de adxudicar contratos. O grupo municipal do PP rexeitou deixar o asunto sobre a mesa e chegar a un acordo. A proposta do PP, de destinar os acartos á urbanización da finca da Ginaria, en Chapela, saiu adiante coa abstención do PsdG. AER rexeita as acusacións da edil popular Carmen Amoedo, que os acusou de "desprezar as necesidades dos redondeláns" fronte a unhas obras "esenciais e urxentes". Advirten desde AER que Amoedo "confunde os intereses dos redondeláns" coas decisións do PP. A Agrupación de Electores advirte que non aceptan "chantaxes de última hora" por parte do goberno local, e non van permitir a política de "barra libre" para facer o que queiran.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: